Falece un vigués achado a pasada semana inconsciente e cun golpe na cabeza en Baiona

Trátase do coñecido comunicador Carlos Bermúdez, impulsor de Celta Televisión e outras páxinas deportivas, como a web de Iago Aspas

Carlos Bermúdez. TWITTER
photo_camera Carlos Bermúdez. TWITTER

O comunicador Carlos Bermúdez, que a mediados da pasada semana apareceu nun aparcadoiro de Baiona, en Pontevedra, inconsciente e cun golpe na cabeza faleceu este luns, aínda que se mantén aberta a investigación sobre os feitos.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil, que comunicaron que o home foi achado de madrugada, en estado inconsciente cun golpe na cabeza, polo que foi trasladado ao hospital. Segundo estas fontes, o home estaba inconsciente supostamente "por embriaguez".

Bermúdez, de 47 anos, foi o impulsor de Celta Televisión e outras páxinas deportivas, como a web de Iago Aspas.

Aínda que inicialmente crese que non interviñeron máis persoas e que se trataría dunha caída fortuíta, os investigadores manteñen aberta a investigación para tratar de determinar as circunstancias do ocorrido.

Comentarios