martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Falece un home ao envorcar o tractor que manexaba en Vila de Cruces

Efectivos retirando o tractor en Vila de Cruces. DP
Efectivos retirando o tractor en Vila de Cruces. DP

Un home faleceu no mediodía deste luns tras envorcar o tractor que conducía en Vila de Cruces. 

Segundo informaron a Europa Press fontes do 112-Galicia, o suceso tivo lugar pouco antes das 13.30 horas nas proximidades da Igrexa de Piloño, concretamente na estrada cara ao lugar de Combarro, cando o tractor que conducía a vítima envorcou. 

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Deza, Policía Local, Protección Civil de Vila de Cruces, GES de Lalín e Garda Civil de Tráfico, así como persoal sanitario do 061 que, no entanto, só puido certificar o falecemento do home. 

Falece un home ao envorcar o tractor que manexaba en Vila de Cruces