Falece un home nunha colisión entre dous turismos na N-120 en Pereiro de Aguiar

O condutor do outro vehículo resultou "ferido de consideración"

Un home faleceu nun accidente de tráfico ao chocar dous turismos na N-120, ao seu paso polo municipio de Pereiro de Aguiar, na parroquia de Melia. O sinistro ocorreu pasadas as 11.00 horas deste xoves e, segundo informou a Central de Emerxencias 112, mobilizáronse efectivos do 061, GES de Pereiro, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de San Cibrao das Viñas.

Uxencias Médicas chegou a mobilizar o helicóptero con base en Ourense, pero finalmente non se chegou a empregar debido a que o home morreu. 

Pola súa banda, o condutor do outro vehículo, segundo informou o 112, resultou "ferido de consideración", polo que foi trasladado a un centro hospitalario.