Falece un home no segundo accidente mortal de moto en Galicia en menos dunha hora

O sinistro rexistrouse en Aguiño, en Ribeira
Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. ARQUIVO

Tarde negra nas estradas galegas. Un home de 32 anos, de iniciais L.P.M., faleceu este sábado nun accidente de moto en Aguiño, en Ribeira. Menos dunha hora antes perdera a vida outro motorista nun sinistro rexistrado en Ponteareas.

O accidente de Ribeira ocorreu sobre as 19.11 horas, e levou a mobilizar persoal do punto de atención continuada de Ribeira e unha ambulancia do 061, ademais da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

Pouco antes, sobre as 18.30 horas, rexistrábase o sinistro de Ponteareas, onde un motorista —un home de 43 anos de iniciais D.G.C.— perdeu a vida tras chocar cun turismo.