Falece en Maside despois de ser alcanzada por un tren

Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
photo_camera Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
Unha persoa faleceu na tarde deste luns logo de ser alcanzada por un tren de mercancías que facía a ruta entre Taboadela e Pontevedra, á altura do concello de Maside (Ourense), informou o 112.

Urxencias Galicia tivo constancia do suceso dez minutos antes das cinco. Foi nese momento cando o propio persoal de Adif comunicou á central de urxencias que un convoi alcanzara a unha persoa no punto quilométrico 275 da vía, moi próximo á estación de Maside. Indicaron ademais que o accidente se produciu nun túnel, nunha zona de difícil acceso.

De inmediato, tras recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia pasou aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro e á Garda Civil. Unha vez no punto, os equipos de intervención tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Polo momento, os servizos de urxencia continúan no lugar dos feitos tratando de restablecer as condicións de seguridade na vía. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso. 

Comentarios