viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Falece unha muller en Melide tras a explosión dunha pota a presión

Debido á gravidade da situación, solicitouse o desprazamento do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela

Unha muller faleceu durante a mañá deste luns por mor da explosión dunha pota a presión na súa vivenda.

Foi un familiar da vítima quen, pasados dez minutos das 12:00 horas deste mediodía alertou ao 112 Galicia. Indicaba que recibira a chamada do seu cuñado informándoo da explosión na vivenda e que era necesaria asistencia sanitaria de xeito urxente. Tamén o marido da vítima, comunicou ao 112 Galicia que a súa esposa estaba soa no interior da vivenda cando ocorreron os feitos.

Con estes datos, o 112 puxo enseguida en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Arzúa. Tamén, solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil, Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.

Debido á gravidade da situación, persoal sanitario comunicaba ao 112 que o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela tamén se desprazaba ata o lugar, aínda que, finalmente, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento  da muller.

Falece unha muller en Melide tras a explosión dunha pota a presión