Falece o neno de 14 anos ferido nun accidente en Lugo o pasado xoves

Non puido recuperarse das feridas sufridas
Entrada principal del hospital Lucus Augusti (Hula). AEP
photo_camera Entrada principal del hospital Lucus Augusti (Hula). AEP

O neno de 14 anos que sufriu un accidente de tráfico o pasado día 12 na circunvalación da N-VI, na capital lucense, faleceu este mércores na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Lucus Augusti (Hula).

O accidente produciuse ás once da noite cando chocou frontalmente o turismo no que viaxaba o menor, que guiaba o seu irmán de 18 anos, e outro vehículo. Ambos os condutores resultaron feridos leves. O neno tivo que ser excarcerado polos bombeiros.

O accidente produciuse nunha zona que rexistraba unha elevada sinistralidade ata que se reduciu o límite de velocidade a 80 quilómetros por hora e se instalou un radar fixo.