Falece un operario tras recibir un forte golpe nunha empresa no Porriño

Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. ARQUIVO

Un operario faleceu na tarde deste luns tras recibir un forte golpe nas instalacións da súa empresa, que se dedica ao sector do transporte, no Porriño, na parroquia de Atios.

Atendendo á información facilitada polo 112, sobre as 15.50 horas un compañeiro solicitou asistencia médica de urxencia para este operario despois de que sufrise un golpe. Con todo, os profesionais do 061 desprazados ao lugar só puideron certificar a súa morte.

O centro de atención ás urxencias de Galicia tamén mobilizou á Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

Comentarios