martes. 21.01.2020 |
El tiempo
martes. 21.01.2020
El tiempo

Un falecido e un ferido nunha colisión frontal en Ponteareas

O grave accidente tivo lugar este domingo de madrugada na N-120, en Oliveira

Unha persoa perdeu a vida e outra resultou ferida nun choque frontal entre dous turismos en Ponteareas.

Como consecuencia do impacto, a vítima mortal quedou atrapada no interior do vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros e membros do GES de Ponteareas.

O sinistro produciuse ás dúas da madrugada deste domingo, tal e como indicou o veciño que contactou co 112 Galicia para dar conta dun grave accidente na N-120, en Oliveira. No seu relato, detallou que había unha persoa inconsciente atrapada no interior dun dos coches implicados. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Urxencias avisaron aos membros do GES e Bombeiros de Ponteareas para excarcerar á persoa que xa estaba falecida.

Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias evacuaron ao ocupante do outro vehículo implicado que presentaba lesións de consideración.

Os servizos de urxencias contaron ademais co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Un falecido e un ferido nunha colisión frontal en Ponteareas