sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

O número de falecidos elévase a 633 en Galicia tras a morte dun home na Coruña 

Personas paseando con mascarilla por las calles de Compostela. PEPE FERRÍN (AGN)
Personas paseando con mascarilla por las calles de Compostela. PEPE FERRÍN (AGN)
Os casos activos de Covid-19 soben a 2.306 este domingo na comunidade

Un home de 66 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) faleceu este domingo con Covid-19, polo que a cifra total de mortes sitúase en 633 na comunidade. 

Fontes da Consellería de Sanidade indicaron que esta persona, que presentaba patoloxías previas, dera positivo por coronavirus. 

Deste xeito, esta fin de semana coñecéronse en Galicia cinco falecementos, catro deles comunicados este sábado. Trátase dos casos de dúas mulleres, de 91 e 89 anos, ingresadas tamén no CHUAC; o dun home de 92 anos na residencia Orpea de Culleredo (A Coruña); e o doutro home de 68 anos que era usuario da residencia do Incio (Lugo), pero estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti. 

Doutra banda, o número de casos activos de Covid-19 en Galicia subiu a 2.306 este domingo, o que supón 158 máis que este sábado, de acordo co último parte da Consellería de Sanidade, que mostra que algo máis da metade dos pacientes que teñen actualmente o virus se concentran na área sanitaria da Coruña-Cee. 

Todas as áreas experimentan incrementos este domingo e os máis destacados en números absolutos son os de Santiago, que suma 40 e chega a 212, e A Coruña, que sobe en 40 e alcanza un total de 1.207 contaxios activos. Esta última área representa o 52,3 por cento dos 2.306 casos activos, aínda que o seu peso no total foi baixando nos últimos días. 

A área de Lugo ten 304 casos activos, que son 26 máis que hai 24 horas, e a de Ourense sitúase en 203 –oito máis que o sábado–; mentres que Vigo ten 154 –11 máis–; en Pontevedra constan 120 –24 máis–; e en Ferrol son 106 –nove máis–. 

De acordo coa última actualización dos datos, en Galicia morreron 632 persoas coa enfermidade, tras os catro falecementos coñecidos o sábado –dúas mulleres nun hospital da Coruña, un home na residencia Orpea de Culleredo e outro usuario da residencia do Incio cuxa defunción se produciu no Hula–. 

Polo momento, na comunidade curáronse 11.889 persoas, que son 74 máis que hai 24 horas, e realizáronse 302.859 PCR, que son 3.837 máis que o sábado.

O número de falecidos elévase a 633 en Galicia tras a morte dun...