martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

Os falecidos con covid en Galicia ascenden a 746 tras a morte de seis persoas

Chuac. EP
Chuac. EP
Os decesos producíronse en Verín, A Coruña, Pontevedra e Ourense
Seis persoas faleceron nas últimas horas diagnosticadas de covid-19, polo que son xa 746 as vítimas mortais por mor da pandemia en Galicia, segundo informa o Servizo Galego de Saúde.

Trátase dunha muller de 90 anos que estaba ingresada no Hospital de Verín, procedente da residencia Santa María de Verín; un home de 89 anos ingresado no HM Modelo Belén e outros dous de 87 e 66 anos que estaban no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Ademais, faleceu unha muller de 89 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario de Pontevedra e outro home de 76 anos ingresado no de Ourense.

Todos eles presentaban patoloxías previas, excepto o octoxenario que morreu no HM Modelo Belén, engade a fonte.

Os falecidos con covid en Galicia ascenden a 746 tras a morte de...
Comentarios