Falece un bañista arrastrado pola corrente nunha praia de Ferrol

Outra persoa conseguiu saír da agua polos seus propios medios
Playa de Ponzos, en Ferrol. YOUTUBE
photo_camera Praia de Ponzos, en Ferrol. YOUTUBE

Un bañista faleceu na tarde deste domingo na praia de Ponzos, situada na parroquia ferrolá de Covas. A vítima e outra persoa que conseguiu saír da auga polos seus propios medios víronse arrastrados pola corrente, atendendo á información divulgada pola central do 112.

O falecido foi auxiliado polos socorristas do areal, pero, a pesar dos intentos para reanimalo unha vez foi rescatado da auga, os sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Un particular alertou ao 112 sobre as 17.15 horas de que había unha persoa en apuros na auga, aínda que case ao mesmo tempo noutra chamada indicábase que eran dous os bañistas aos que estaba a arrastrar a corrente.

A central alertou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ademais, de contactar co servizo de socorrismo da praia e de informar ao 061, a Policía Nacional e a Local.