Dous falecementos elevan a 563 as víctimas mortais do coronavirus en Galicia

Complejo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP
photo_camera Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP

A morte dun varón de 91 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e dunha muller de 81 no complexo ourensán (Chuo), coñecidas na tarde deste sábado, elevan o número de vítimas mortais por coronavirus en Galicia a 563. Atendendo á información divulgada pola Consellería de Sanidade, ambos tiñan patoloxías previas.

O Servizo Galego de Saúde ten a disposición da ciudadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

A comunidade ten 3.235 infectados de coronavirus, atendendo aos datos deste sábado da Consellería de Sanidade. Son 122 menos que os rexistrados 24 horas antes.

Os principais focos de concentración continúan sendo a área da Coruña con 787 casos confirmados aínda activos e a de Vigo con outros 768, seguidos de 632 na de Ourense, 476 na de Santiago de Compostela, 227 na de Lugo, 194 na de Pontevedra e 151 na de Ferrol.​

Do total de pacientes positivos, 37 permanecen na UCI, 261 están en unidades de hospitalización2.937 no seu domicilio. Ata o momento, en Galicia hai 5.981 persoas curadas.

Comentarios