Feijóo consegue de Sánchez o compromiso de trasladar a Alcoa o apoio do Executivo

Por outra banda, o presidente da Xunta recordoulle a Sánchez que non pode iniciar unha lexislatura chamada a rebaixar a tensión institucional sendo o primeiro incumplidor, especialmente co pago do IVE

O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, revelou este martes que, tras 15 minutos de conversación telefónica con Pedro Sánchez, o titular do Executivo central comprometeuse a mediar persoalmente con directivos da multinacional Alcoa para mostrarlles o desexo expreso de España de que siga operando en Galicia. Aínda que non concretou máis nin se referiu ao futuro estatuto electrointensivo, Feijóo expreso a súa confianza en que exista un “xesto” por parte do Goberno que permita axudar a salvar os empregos na Mariña. “Estamos a esperar”, resumiu Feijóo, que tamén abordo co presidente Sánchez o futuro das Pontes.

O outro asunto central, ademais da industria, é a débeda que mantén o Estado con Galicia e outras autonomías. Feijóo recordoulle a Sánchez que non pode iniciar unha lexislatura chamada a rebaixar a tensión institucional sendo o primeiro incumplidor, especialmente co pago do IVE.

Para rematar, Feijóo confirmou que Sánchez mantén a súa folla de ruta con Podemos e ERC para a investidura, polo que o mandatario galego trasladoulle a súa opinion de que será unha alianza negativa para España e para a relación bilateral Galicia-Estado. “O presidente non fixo ningun comentario”, lamentou Feijóo.

Comentarios