Feijóo dá as grazas "de corazón" tras conseguir a súa cuarta maioría absoluta

O presidente en funcións da Xunta xa recibiu a chamada de Gonzalo Caballero e Ana Pontón

Alberto Núñez Feijóo. TWITTER
photo_camera Alberto Núñez Feijóo. TWITTER

O presidente en funcións da Xunta e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu "de corazón" o apoio recibido nas eleccións deste domingo, nas que revalidou por cuarta vez a súa maioría absoluta.

A través dunha mensaxe que acaba de publicar na súa conta de Twitter, acompañado dunha foto no seu despacho coa man no peito, Feijóo dá as "grazas de corazón" e recorda a súa lema de campaña "Galicia, Galicia, Galicia" ao que engade "por cuarta vez Galicia" como fixo na carreira cara ás urnas ao finalizar os seus mitins.

Con esta cuarta maioría absoluta de 42 escanos, catro por encima dos 38 necesarios, un máis que hai catro anos, consegue igualar a marca de Manuel Fraga, a falta de completar o cento por cento do voto escrutado.

Núñez Feijóo xa ha recibido chamada de Ana Pontón (BNG) e de Gonzalo Caballero (PSDEG), por esta orde. 

Comentarios