Domingo. 27.05.2018 |
El tiempo
Domingo. 27.05.2018
El tiempo

Feijóo di ser "optimista" sobre a inclusión de Galicia no Corredor Atlántico de Transportes

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, este martes en Bruxelas. HORST WAGNER (EFE)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, este martes en Bruxelas. HORST WAGNER (EFE)

O presidente do Parlamento Europeo recalca que é "importante" que "non se deixe fora" á comunidade da rede europea 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que é "optimista" ante a posibilidade de que a UE inclúa a Galicia no Corredor Atlántico de Transportes a partir de 2021 porque é "a primeira vez" que o Goberno o expuxo dunha forma "clara" e como unha cuestión "prioritaria" e "fundamental para España como Estado membro". 

"Pódolle asegurar que de todos estes anos que vivimos, neste momento si son optimista con esta proposta, porque vin ao Goberno de España expoñelo dunha forma clara, dunha forma determinante e tamén porque temos o apoio explícito e o acordo explícito entre Castela e León, Asturias e Galicia", afirmou este martes en declaracións aos medios en Bruxelas após reunirse co presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani.

"Púxoo encima da mesma como hai que polo, como unha cuestión fundamental para España como Estado membro. É a primeira vez que o Estado central o expón como unha cuestión prioritaria, prioridade uno", manifestou o presidente da Xunta. 

Así mesmo, Feijóo destacou que en España xa existe un acordo entre as comunidades autónomas involucradas e o Goberno central. "O que nos falta neste ano que nos queda é encaixalo dentro do orzamento a partir de 2021", explicou. 

O presidente galego sinalou que o "argumento básico" para incluír a Galicia nesta rede é a "equidade". Neste sentido, apuntou que, ao non incluír portos como Vigo ou A Coruña no Corredor Atlántico "suporía que toda a fachada atlántica de Galicia e Asturias quedarían sen conectividad".

É importante que non deixe fora a Galicia e o norte de España. Imos seguir falando cos comisarios para ver se podemos axudar a Galicia a defender os seus dereitos, a defender aos cidadáns de Galicia

VIGO, "O PORTO MÁIS IMPORTANTE EN PESCA". "Ademais, o porto máis importante de Europa en pesca fresca e conxelada é Vigo. Non ten sentido que portos dos máis importantes da UE non teñan unha conectividade ferrorviaria e non poidan evacuar mercadorías por ferrocarril", reivindicou. 

Pola súa banda, o presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, subliñou que é "importante" que o Corredor Atlántico "non deixe fora a Galicia" e garantiu que a Eurocámara tentará axudar a Galicia a "defender os seus dereitos" e "aos cidadáns" galegos. 

"É importante que non deixe fora a Galicia e o norte de España. Imos seguir falando cos comisarios para ver se podemos axudar a Galicia a defender os seus dereitos, a defender aos cidadáns de Galicia", expresou o italiano, tamén en declaracións aos medios após a reunión.

FUSIÓN DAS CAIXAS. Doutra banda, preguntado polo feito de que o PPdeG vetase a súa comparecencia no Parlamento galego pola fusión das caixas galegas, Feijóo asegurou este que responderá o vindeiro mércores as preguntas que os grupos lle expoñan sobre esta cuestión, da que xa falou "por extenso".  "Creo que os grupos parlamentarios o vindeiro mércores teñen toda a posibilidade de facer preguntas sobre este asunto e xa lle digo que me encantará volver falar do que xa falei por extenso", sinalou. 

Feijóo di ser "optimista" sobre a inclusión de Galicia no Corredor...