viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Feijóo, "a favor" de excluír o norte de Portugal do rexistro de viaxeiros

Fronteira entre Portugal e Verín. ARQUIVO
Fronteira entre Portugal e Verín. ARQUIVO
Destaca que o primeiro día de funcionamento rexistráronse 29.000 persoas e defende que el mesmo o fará ao regresar de La Rioja

O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse "a favor" de que a rexión norte de Portugal se poida excluír do rexistro de viaxeiros creado pola Xunta para que acheguen os seus datos as persoas que cheguen á comunidade procedentes de zonas con alta incidencia de coronavirus. Á espera de posibles cambios na lista de comunidades e países incluídos, apuntou que no primeiro día en que estivo en funcionamento anotáronse 29.000 persoas, das que máis de 10.500 son vascos e 6.500, cataláns. 

Na rolda de prensa posterior á reunión do seu goberno en funcións, Feijóo recordou que o protocolo sanitario afecta aos territorios que teñen 3,5 veces máis de incidencia de coronavirus que Galicia, que actualmente son máis de 130 países e cinco comunidades autónomas. 

No caso de Portugal, o embaixador luso trasladou a proposta de excluír a zona norte de Portugal, atendendo á súa situación epidemiolóxica e tendo en conta que, en territorio español, delimitouse esta medida en función da situación de cada comunidade. "Porque, efectivamente, no norte de Portugal é menor (a incidencia) que en Lisboa", apuntou Feijóo, quen considerou "razoable" esta demanda exposta polo diplomático. 

"Somos unha comunidade transfronteiriza, eurorrexión e, a mesma situación epidemiolóxica, igual tratamento", di Feijóo

O presidente da Xunta explicou que, por mor desta petición, o Goberno galego púxose en contacto co Ministerio de Sanidade luso para solicitar os datos oficiais, algúns dos cales xa foron trasladados polo propio embaixador. A falta de estudar toda a información, e tendo tamén en conta o valor da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Feijóo mostrouse favorable a aplicar esta excepción. 

"Estou a favor desa proposta por unha razón fundamental, somos unha comunidade transfronteiriza, eurorrexión e, a mesma situación epidemiolóxica, igual tratamento", sintetizou o mandatario autonómico en funcións, quen se mostrou "optimista" sobre unha resolución nesa liña.

Na súa intervención, Feijóo agradeceu ás 29.000 persoas que se inscribiron no rexistro sanitario e defendeu a medida adoptada pola Xunta, fronte ás voces que dubidan da legalidade a medida. É máis, asegurou que el mesmo cando regrese o sábado da Conferencia de Presidentes que se celebra en La Rioja inscribirase nese rexistro

"Se houbese un aplicativo único en Europa, sería máis sinxelo, ou en España", dixo, pero ao non contar cunha fórmula común defendeu que o sistema de historia clínica electrónica "permite ensaiar" unha aplicación para Galicia.

Feijóo, "a favor" de excluír o norte de Portugal do rexistro de...
Comentarios