jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Feijóo remarca que a Xunta "tutela" a situación dos comedores en garderías

Un comedor escolar. XESÚS PONTE
Un comedor escolar. XESÚS PONTE
O presidente do Goberno autonómico non descarta novas medidas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu que o Executivo autonómico "tutela e segue" todo o que sucede en relación ás intoxicacións rexistradas en varias escolas infantís da comunidade e, tras salientar que a empresa que xestiona os comedores terá que cambiar de provedores de inmediato, non descartou novas medidas. 

"Desde que empezaron as dificultades (intoxicacións), nunca houbo ningunha grave, pero son cuestións que non podemos admitir. Duren 25 ou 35 minutos, non pode haber reaccións alérxicas (nos nenos). Non é admisible", recoñeceu Feijóo, tras o Consello da Xunta. 

Nesta conxuntura, recordou que, como se fixo público na pasada xornada, "as empresas que se dedican a isto e que, nalgún caso levaban oito anos sen incidencias, terán que cambiar de provedores". 

Ademais, remarcou que o caso está en seguimento e que a obrigación notificada pola Xunta de cambiar de provedores adóptase "con independencia de que se poidan tomar novas decisións" en función dos resultados da investigación e das análises que se están realizando. 

Finalmente, o presidente volveu a subliñar que "non hai risco para a saúde" dos nenos, pero concluíu que, á marxe diso, non é admisible que se produzan reaccións alérxicas nas garderías. 

Feijóo remarca que a Xunta "tutela" a situación dos comedores en...
Comentarios