Feijóo sorprende ao publicar unha foto co seu fillo en Instagram

É a segunda vez que comparte unha imaxe do pequeno Alberto desde o seu nacemento, fai máis de dous anos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a súa parella Eva Cárdenas. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a súa parella Eva Cárdenas. LAVANDEIRA JR (EFE)

Alberto Núñez Feijóo sorprendeu este luns aos seus seguidores en redes sociais publicando unha fotografía co seu fillo nun parque infantil. Na imaxe, o pequeno, de dous anos de idade, sae de costas xunto ao seu pai, riseiro. 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Galego coma min

Una publicación compartida de Alberto Núñez Feijóo (@feijoogal) el

O certo é que non é habitual que o xefe do Executivo galego realice publicacións persoais nas súas redes sociais, onde o contido é fundamentalmente institucional. Por algunha razón, este luns o presidente do PPdeG decidiu saltarse a norma e publicar unha imaxe co seu fillo Alberto xogando nun parque infantil.

Trátase da segunda fotografía do pequeno que o presidente da Xunta publica desde o seu nacemento o 15 de febreiro de 2017. Ese día, Núñez Feijóo compartiu na súa conta de Facebook unha imaxe da man do bebé sobre a súa. 

Comentarios