lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Feridas unha nai e a súa filla de dous anos tras ser atropeladas en Lugo

Zona de San Fiz en la que se produjo el atropello. GOOGLE MAPS
Zona de San Fiz en la que se produjo el atropello. GOOGLE MAPS

Ambas foron evacuadas a un centro hospitalario en ambulancia

Unha muller de 35 anos, con iniciais C.N.D, e a súa filla de dous anos resultaron feridas este martes ao mediodía ao ser atropeladas por un vehículo no barrio lucense de San Fiz.

Segundo informaron a Efe fontes da Policía Local de Lugo, ambas foron evacuadas nunha ambulancia do 061 a un centro sanitario e, en principio, era a nai a que presentaba un prognóstico máis grave, por mor dalgunha posible fractura.

O accidente produciuse ás 12.55 horas no Paseo dos Estudantes, cando nai e filla foron arroiadas por un vehículo que conducía un mozo de 23 anos cara á Rúa das Artes.

O accidente produciuse fóra do paso de peóns, polo que a Policía Local investiga "as causas exactas do atropelo", agregan as mesmas fontes.

Feridas unha nai e a súa filla de dous anos tras ser atropeladas en...