martes. 28.01.2020 |
El tiempo
martes. 28.01.2020
El tiempo

Ferido un condutor tras chocar contra o muro dunha casa en Redondela

Quedou atrapado no vehículo e sufriu diversas lesións, polo que foi trasladado a un centro hospitalario

Un condutor resultou ferido na tarde-noite deste venres tras chocar contra o muro dunha vivenda cando circulaba pola estrada N-550 ao seu paso polo concello pontevedrés de Redondela. Os servizos de urxencia tiveron constancia dos feitos minutos logo das 19.30 horas, cando os propios axentes da Garda Civil de Tráfico contactaron co 112 Galicia para pedir axuda, debido a que a persoa se atopaba atrapada e sufría "diversas lesións". 

Deste xeito, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertou os profesionais sanitarios e os Bombeiros de Baixo Miño que, cando chegaron ao lugar do sinistro, o condutor xa estaba fóra do turismo.  Ademais, tamén foron informados os Bombeiros de Vigo e os axentes da Policía da localidade, así como o servizo de mantemento da estrada para recuperar as condicións de seguridade da vía. Finalmente, a persoa foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.

CORCUBIÓN. Pola súa banda, outra persoa resultou ferida tras impactar contra unha casa co seu coche no municipio coruñés de Corcubión. O feito ocorreu ao redor das 07.00 horas desta madrugada na Avenida da Constitución da localidade. Como consecuencia do accidente, a condutora sufriu lesións de diversa "consideración", polo que foi evacuada ao centro sanitario, segundo informou o 112 Galicia. 

Ferido un condutor tras chocar contra o muro dunha casa en Redondela