Ferido de consideración ao saltar á auga e golpearse contra o fondo en Samil

Un particular avisou de que o mozo non era capaz de moverse
Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. ARQUIVO

Un mozo resultou ferido de consideración ao saltar á auga desde a area e golpearse a cabeza contra o fondo do mar na desembocadura do río Lagares na praia de Samil, en Vigo. 

O 112 indicou que os feitos ocorreron este xoves preto das 19.44 horas. Un particular deu o aviso do sucedido e explicou que a persona caera de cabeza contra o fondo do mar e non era capaz de moverse. 

Foron avisados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo e a Policía Local. 

De acordo cos datos que lle foron facilitados ao 112, os socorristas sacaron ao mozo da auga inmobilizado nunha padiola e foi trasladado ata unha ambulancia, onde recibiu os primeiros coidados médicos. Posteriormente foi levado a un centro hospitalario.