miércoles. 24.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 24.07.2019
El tiempo

Ferido de consideración un operario ao caer dunha escaleira en Cerceda

Un helicóptero foi desprazado ao polígono industrial, dada a gravidade das feridas

Un operario resultou este luns ferido de consideración despois de caer dunha escaleira no local onde realizaba o seu traballo, situado no Polígono Industrial de Cerceda (A Coruña).

Foi un particular o que, ao fío das 12:00 do mediodía, alertou o 112 Galicia dun accidente laboral no lugar. Entón os xestores de emerxencias avisaron deseguido ás 061-Urxencias Sanitarias.

Os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 que debido á gravidade das lesións ocasionadas, o helicóptero medicalizado con base en Santiago debía desprazarse ao momento, tomando terra no mesmo lugar onde ocorreron os feitos.

Os axentes da Garda Civil e da Policía Local tamén foron informados o suceso polo 112 Galicia. 

Ferido de consideración un operario ao caer dunha escaleira en Cerceda