Ferido dun disparo nunha perna un cazador no Barco de Valdeorras

Segundo informa o 112, foi o propio afectado o que deu o aviso á central de urxencias
Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

Un cazador resultou ferido dun disparo nunha perna durante a xornada de caza deste domingo no municipio ourensán do Barco de Valdeorras. 

Segundo informa o 112, foi o propio afectado o que deu o aviso á central de urxencias. Para atendelo, o 061-Urxencias Sanitarias enviou ao lugar do suceso dous equipos, un deles ao bordo do helicóptero con base en Ourense. 

Ademais, o 112 puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e da Policía Local do Barco.