miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

Resulta ferido grave ao saírse da vía e chocar contra un muro en Tomiño

Estado no que quedou o coche tras o accidente. TVG
Estado no que quedou o coche tras o accidente. TVG

O accidente ocorreu no lugar de Vilar de Matos, en Forcadela, cando o turismo circulaba pola PO-552, á altura do punto quilométrico 61
 

Unha persoa resulta ferida grave ao saírse da vía o seu vehículo en Tomiño.

O accidente, segundo informa o 112, ocorreu no lugar de Vilar de Matos, en Forcadela, cando o turismo circulaba pola PO-552, á altura do punto quilométrico 61.

Ás 17:30 horas desta tarde, varios particulares alertaban ao 112 Galicia do suceso. Un deles indicaba que o turismo chocase contra un muro e que o accidente parecía ser grave.

De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Baixo Miño, ao GES da Guarda e aos axentes da Garda Civil e de Tráfico. Igualmente, informouse os feitos aos Bombeiros de Vigo e á Policía Local.

Ademais, debido á gravidade da situación e tras comunicar que o ferido estaba atrapado no interior do vehículo, os sanitarios confirmaron a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago para a evacuación do ferido.

Os Bombeiros e os membros do GES, unha vez liberada a persoa, comunicaron ao 112 Galicia que ía ser trasladada na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

A intervención do persoal do servizo de mantemento da vía tamén foi requirida polo 112 Galicia. 

Resulta ferido grave ao saírse da vía e chocar contra un muro en...
Comentarios