martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

Ferido un home ao chocar contra unha parede nun quad en Cambados

El quad se quedó en la zona del accidente. P.C. CAMBADOS (CEDIDA)
El quad se quedó en la zona del accidente. P.C. CAMBADOS (CEDIDA)
Sofre lesións de consideración e foi trasladado ao Hospital do Salnés

Un home resultou ferido de consideración na tarde deste domingo en Cambados despois de que quad no que viaxaba chocase contra unha parede. O accidente rexistrouse na parroquia de Vilariño pouco antes das 14.30 horas.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tras o que trasladou o aviso aos Bombeiros do Salnés, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

O home ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés polos efectivos sanitarios.

Ferido un home ao chocar contra unha parede nun quad en Cambados