Un ferrolán recibe un disparo dun axente cando ameazaba a unha muller cun coitelo

Perigaba a integridade física do polícia e dos seus compañeiros ► O suceso tivo lugar no barrio de Recimil

Un home resultou ferido este mércores en Ferrol por parte de axentes da Policía Nacional ao querer reducilo cando ameazaba cun coitelo a unha muller no barrio de Recimil, quen avisou aos gardas da situación.

Fontes do Concello ferrolán afirmaron que a Policía Local recibiu unha chamada de alerta ás 19:49 horas, alertando deste incidente no número 3 da rúa Euskadi. Tanto o home, como a muller afectada son veciños desta barriada, indicou o consistorio.

Ante estes feitos, "varias patrullas" das policías Local e Nacional acudiron á zona, producíndose "un disparo que fere" ao home cando accederon ao portal "para tratar de reducir ao agresor".

O ferido, de etnia xitana e de iniciais J.M.F.L, engadiu o Concello de Ferrol, "foi trasladado de urxencia" ao Complexo Hospitalario Universitario da cidade "con prognóstico reservado", á espera de que mellore para poder proceder á súa detención.

A Policía Nacional está a cargo desta investigación e fontes policiais concretaron que o home ten 29 anos de idade.

O suceso motivou a concentración dun numeroso grupo de persoas nas inmediacións da vivenda e axentes dos citados corpos de seguridade acordoaron a contorna do portal e procederon á inspección do lugar no que se rexistrou o incidente.