Unha persoa resultou ferida na tarde deste domingo tras sufrir un accidente de tráfico en Caldas de Reis.
Segundo informou o 112, dous turismos chocaron no lugar de Saiar e un dos condutores necesitou axuda para saír do vehículo.
Igualmente, precisou asistencia médica xa que, a consecuencia do impacto, recibiu un forte golpe na cabeza.
Desde a central de urxencias mobilizaron aos bombeiros de Vilagarcía, a Protección Civil da localidade e aos efectivos sanitarios.