Tres feridos en Cambre ao ser atropelados por un turismo que intentaban poñer en marcha

En Vigo outras dúas persoas resultaron feridas en Vigo nunha colisión múltiple

Tres persoas resultaron feridas este lunes pola mañá en Cambre ao ser atropeladas por un coche que empuxaban para intentar arrancalo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

Sucedeu no lugar da Veiga, á altura do número 8, ao fío das 9.30 horas. Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Arteixo.

COLISIÓN MÚLTIPLE. Por outra banda, en Vigo, unha colisión na que se viron implicados tres turismos ao interceptar un can na vía saldouse con dúas persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas ao Hospital de Fátima.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 6 da PO-330, ao fío das 11:00 horas.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro e, decontado, os xestores do CIAE-112 pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.