sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

Tres feridos, un deles menor, tras saírse da vía un vehículo que quedou sen freos en Redondela

Os ocupantes viaxaban nunha furgoneta, que acabou estrelada contra un muro

Os tres ocupantes dunha furgoneta, dous adultos e un menor, resultaron feridos na noite deste xoves logo de saírse da vía ao seu paso polo municipio pontevedrés de Redondela.

Segundo informou o 112 Galicia, todo parece indicar que cando o vehículo circulaba pola estrada N-550, á altura de Cedeira, quedou sen freos e o condutor perdeu o control, o que provocou que se saíse da vía.

Os tres ocupantes resultaron feridos, aínda que non parecían revestir gravidade. O 112 indicaron que puideron saír polos seus propios medios do interior do vehículo.

Debido ao impacto, e tras saírse da calzada, o vehículo chocou contra o muro dunha casa causando danos materiais na propiedade e nun poste.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 21,00 horas deste xoves a través de varias persoas particulares que chamaron para pedir axuda.

Tras iso, os xestores do 112 ademais de alertar a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Redondela. Tamén, solicitaron a colaboración do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargaron da limpeza da vía.

Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias de soporte vital básico para atender ao menor, á muller R.M.R., de 36 anos e ao home L.A.F., de 42 anos, que foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Tres feridos, un deles menor, tras saírse da vía un vehículo que...