Dous traballadores resultaron feridos este luns en Vigo, cando realizaban obras de derriba nun inmoble do número 20 da rúa Colón, en pleno centro da cidade, segundo confirmaron fontes policiais e do 061. O accidente laboral tivo lugar sobre as 12.30 horas, cando os operarios estaban a traballar no devandito inmoble e un muro veu abaixo. Fontes policiais sinalaron que un dos traballadores sufriu unha fractura nunha perna, pero nin a súa vida nin a do seu compañeiro corren perigo.
O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente laboral e mobilizou a Policía Local e Policía Nacional. Así mesmo, sinalou que os propios operarios da obra lograron retirar os cascotes e liberar ao traballador que quedara atrapado, segundo apuntou a persona que alertou a emerxencias.
O 061 confirmou que se trasladou a Povisa en ambulancia asistencial a un home de 64 anos de idade, B.S.S. Do mesmo xeito, foi levado en ambulancia medicalizada, ao mesmo centro, outro home, A.V.C., de 47 anos de idade.