miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

Feridos dous policías galegos nos disturbios en Cataluña, un deles de gravidade

Un dos axentes presenta un traumatismo cráneoencefálico, lesión nunha vértebra e sofre complicacións respiratorias

Dous policías galegos resultaron feridos na xornada de disturbios deste venres en Cataluña. Un deles, de Vigo, atópase na Uci ferido grave e o outro, da Coruña, permanece ingresado no hospital. 

Así o confirmou o corpo da Policía Nacional este sábado nun comunicado, no que explicou que o axente ferido de gravidade presenta un traumatismo cráneoencefálico, lesión nunha vértebra e sofre complicacións respiratorias . 

Durante a mañá deste sábado foi trasladado á Unidade de Coidados Intensivos "por precaución", pero "está fóra de perigo", atópase "estable e conta cun prognóstico favorable". 

O órgano policial precisou que se atopa "consciente, orientado e coa súa capacidade volitiva intacta. Move sen problemas todas as súas extremidades". Así mesmo, outro efectivo dos policías nacionais ha resultado ferido as protestas catalás. Rompeuse un brazo e tamén se atopa ingresado. 

Pola súa banda, o Sindicato Unificado de Policía pediu unha "reunión urxente" co Ministerio do Interior para trasladar o "descontento" do equipo enviado por non "deixarlles avanzar antes" para "limpar a zona" e, deste xeito, poder "evitar os impactos de todo tipo durante máis de tres horas". Ademais, advertiu de que o Ministerio debe pór ao seu alcance "todos os medios antes de que ocorra unha desgraza de dimensións maiores ás xa acaecidas".

DECLARACIÓNS DE FEIJÓO. Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo mostrou a súa preocupación respecto dos "policías que resultaron agredidos de forma brutal" durante os enfrontamentos entre a Policía Nacional e os manifestantes. 

Neste sentido, manifestou que "calquera policía agredido é unha preocupación para calquera demócrata" e que "o Goberno da Generalitat debe desculparse co pobo galego", como "un mínimo de respecto" polos dous axentes feridos. 

Feridos dous policías galegos nos disturbios en Cataluña, un deles...
Comentarios