miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Tres feridos graves nunha colisión entre dous vehículos en Foz

Estado en el que quedaron los vehículos. IRIA L.V.
Estado en el que quedaron los vehículos. IRIA L.V.

As tres vítimas foron trasladadas en dúas ambulancias ao Hospital da Costa de Burela

Tres persoas resultaron feridas graves a última hora da tarde na estrada LU-152, que une Foz con Ferreira, á altura da parroquia focense de Vilaronte nun choque frontal entre dous vehículos.  

Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos do parque de bombeiros de Barreiros e do GES de Cervo, ao ser necesario excarcerar o ocupante dun dos vehículos. As tres vítimas foron trasladadas en dúas ambulancias ao Hospital da Costa de Burela. 

Tres feridos graves nunha colisión entre dous vehículos en Foz