martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

A finde arrinca con sol e temperaturas agradables

As altas presións continuarán na xornada deste sábado estacionarias ao noroeste da península Ibérica, impedindo a chegada das baixas presións atlánticas.

Deste xeito o ceo estará pouco nubrado ou despexado, con nubes de estancamento nas comarcas cantábricas ao principio e final da xornada.

As temperaturas non terán cambios significativos, polo que se alcanzarán valores suaves para esta época do ano. Os ventos soprarán do nordés, aumentando a súa intensidade pola tarde.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 15° 23°, Ferrol 15° 23°, Lugo 10° 22°, Ourense 12° 30°, Pontevedra 14° 29°, Santiago de Compostela 13° 23° e Vigo 16° 30°.

A finde arrinca con sol e temperaturas agradables
Comentarios