martes. 19.11.2019 |
El tiempo
martes. 19.11.2019
El tiempo

A folga en Renfe afectará a 32 trens este mércores e xoves en Galicia

Estación de tren de Vigo Guixar. AEP.
Estación de tren de Vigo Guixar. AEP.
A compañía estableceu uns servizos mínimos do 68% na media distancia da comunidade

A folga convocada polo sindicato SFF-CGT entre as 12.00 e as 16.00 horas e de 20.00 a 0.00 horas prevista para este mércores 14 de agosto afectará a un total de 32 trens. 

Renfe estableceu uns servizos mínimos do 68% na media distancia de Galicia, co que a folga se materializará na supresión de 20 trens de media distancia e seis de longa distancia. 

Tamén quedarán suprimidos os trens Galicia-Euskadi, o tren hotel que conecta Galicia e Madrid e os internacionais Vigo-O Porto-Vigo da tarde. 

Continuarán os paros, despois de que CGT remitise unha carta ao Ministerio de Fomento na que solicita a súa intervención no conflito

En concreto, segundo informa a central nun comunicado, serán unha vintena de trens con percorrido dentro da comunidade, como o Vigo-Urzaiz-A Coruña das 11,15 horas e o Santiago-Vigo-Guixar das 22,00 horas. 

Tamén afectados veranse 10 trens de longo percorrido, entre eles un Vigo Guixar-Porto e un Madrid-A Coruña, e outros dous trens con percorrido xa o día 15 de agosto (Monforte-Pontevedra e A Coruña-Ferrol). 

Así, continuarán os paros, despois de que CGT remitise unha carta ao Ministerio de Fomento na que solicita a súa intervención no conflito. "O que estamos a pedir é un aumento do nivel de contratación atendendo á falta de persoal existente, que está a repercutir negativamente no servizo", recorda a organización. 

En concreto, refire carencias en condución, intervención, venda de billetes, mantemento de trens e administración e xestión. De non chegar a un acordo, CGT continuará con paros o 30 de agosto e o 1 de setembro. 

A folga en Renfe afectará a 32 trens este mércores e xoves en Galicia
Comentarios