A forte ondada afectará este xoves aos litorais de Lugo e A Coruña

Este xoves os ceos estarán parcialmente cubertos, con choivas débiles máis probables na metade oeste.

Temporal de mar en Burela. FELI GARCÍA
photo_camera Temporal de mar en Burela. FELI GARCÍA

Lugo e A Coruña quedarán este xoves en alerta amarela por fenómenos costeiros. No resto da comunidade a choiva será a protagonista da xornada.

Así, na Coruña e Lugo terán aviso amarelo por mar combinada do oeste de catro metros e ao final do día espérase vento do oeste con intervalos de forza 7 desde Finisterre ata Estaca de Bares. 

Este xoves Galicia queda nunha situación intermedia entre o anticiclón centrado na península Ibérica e as borrascas atlánticas, o que novamente fará que predominen os ventos de compoñente sur que achegan aire húmido. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con choivas débiles máis probables na metade oeste.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Mínimas e máximas previstas nas principais cidades: A Coruña 11°/15°; Ferrol 11°/15°; Lugo 7°/13°; Ourense 9°/15°; Pontevedra 11°/14°; Santiago 10°/13°; Vigo 11°/16°

Comentarios