jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Fronte común da Xunta e As Pontes para esixir a "continuidade" da central

Formoso y Feijóo. XOÁN REY
Formoso y Feijóo. XOÁN REY
O encontro serve para facer visible o acordo entre PP e PSOE para reclamar a pervivencia dos postos de traballo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de As Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantiveron este luns unha reunión na que estableceron unha fronte común para esixir ao Goberno central e a Endesa a “continuidade” da central térmica.

O encontro mantido na sede da Xunta en San Caetano, pouco máis dunha semana despois do anuncio de peche da central térmica no municipio, serviu para facer visible o acordo entre os gobernos autonómico (PP) e local (PSOE) para reclamar a pervivencia da central e dos postos de traballo que xera.

“Esta central pode ser operativa cento por cento porque cumpre os cocientes de emisións de CO2 que esixe a Unión Europea” polo que debe paralizarse a decisión de Endesa que recentemente anunciou que adiantaría o prazo de peche, agora previsto para mediados de 2020, recordou Núñez Feijóo.

O presidente galego remarcou que, xa que logo, o problema da central térmica non deriva dun incumprimento das normas referentes ás emisións de CO2 senón que obedece a un problema do prezo en emisión da tonelada de CO2 polo que á empresa “non lle sae a conta” manter a central aberta.

Unha problemática que tamén se debe á subida do imposto ao CO2 polo que sería necesario “baixar outros impostos que gravan a central térmica para que sexa viable”, coincidiron ambos os mandatarios, que consideran necesaria unha reforma fiscal que garanta a viabilidade da central mentres se camiña cara a unha transición enerxética "xusta". 

Fronte común da Xunta e As Pontes para esixir a "continuidade" da...
Comentarios