O gaiteiro da Catedral de Santiago, indignado con Vox: "Verdadeiramente noxento"

A formación política publicou un chío no que afirmaba que o músico saíra a recibilos, algo que se encargou de desemintir o protagonista
O gaiteiro ante os militantes de Vox. TWITTER
photo_camera O gaiteiro ante os militantes de Vox. TWITTER

Xesús Rodríguez é o gaiteiro que toca de cotío nas inmediacións da Catedral de Santiago de Compostela. Este domingo viuse envolto nunha polémica inesperada.

No marco da campaña electoral do 12 de xullo, a formación Vox, con Santiago Abascal na cabeza, visitou o emblemático monumento galego. A través da súa conta de Twitter Vox A Coruña, o partido político afirmou que o gaiteiro saíra a recibilos.

Foron varios os usuarios da red social os que chamaron a atención sobre este chío, indicando que o músico atópase alí habitualmente. Mais o protagonista da historia tamén quixo deixar clara a súa desvinculación do acto.

Xesús Rodríguez, mediante Facebook, aclarou nunha mensaxe que non tiña nada que ver co que chiara Vox. "Verdadeiramente noxento", así se expresaba o gaiteiro, que engadía que "nunca imaxinei ser vítima dunha das súas montaxes".

A pesar de que a formación política borrou o chío, o contido segue a ser difundido polas redes sociais.

Comentarios