viernes. 24.01.2020 |
El tiempo
viernes. 24.01.2020
El tiempo

Galicia acumulou 106 feridos e un falecido en estrada en Semana Santa

Estado en el que quedó el vehículo siniestrado en la N-VI, en Lugo. SEBAS SENANDE
Estado en el que quedó el vehículo siniestrado en la N-VI, en Lugo. SEBAS SENANDE

O venres foi o día no que se produciron máis accidentes, con vinte e cinco

A comunidade galega acumulou 106 persoas feridas e unha falecida en 82 accidentes de tráfico en Semana Santa, segundo informou o 061-Urxencias Sanitarias.

Entre as 15.00 horas do pasado mércores 28 de marzo e as 23.59 horas do domingo 1 de abril houbo 37 sinistros con vítimas na provincia da Coruña, vinte e seis en Pontevedra, once en Lugo e oito en Ourense.

Co venres como día con máis accidentes, con vinte e cinco, foron 107 as persoas asistidas, cun sesenta por cento de homes e unha franxa de idade con máis incidencias situada entre os 20 e os 34 anos, cun 33 por cento dos afectados.

En 91 dos 107 casos, os feridos foron trasladados a centros sanitarios, en quince ocasións a atención foi no lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto, en Verea (Ourense) o pasado día 30 de marzo.

Galicia acumulou 106 feridos e un falecido en estrada en Semana Santa
Comentarios