Galicia confirma 18 positivos de coronavirus e outros "10" casos sospeitosos

A maioría teñen "signos leves" da doenza e están illados no seu domicilio, mentres que dúas persoas están na UCI e, outros dous, ingresados en planta ►A comunidade autónoma galega atópase dentro do grupo de autonomías cunha incidencia "baixa" 
 
Un laboratorio de Wuhan. EFE
photo_camera Un laboratorio no que se fan análises do Covid 19. EFE

A Consellería de Sanidade informou de que o laboratorio de Majadahonda confirmou cinco novos casos positivos a infección por coronavirus en Galicia, co que se elevan a 18 os afectados na comunidade. 

Só unhas horas despois de que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informase en rolda de prensa de que os casos de coronavirus confirmados, que eran 6 o domingo, ascendían xa a 13, materializáronse outras cinco confirmacións, todas elas na área da Coruña. 

Con iso, os afectados por este virus en Galicia ascenden xa a 18, dos que 13 están na área da Coruña, catro na de Vigo e un na de Ourense. A maiores, quedan algúns casos pendentes do resultado do laboratorio madrileño. 

Deste cinco novos casos, catro manteñen un vínculo epidemiolóxico co foco relacionado co centro cívico de Feáns, pechado preventivamente desde este luns. En total, deste foco derivan 11 casos na cidade herculina, un deles un home de 81 anos que se atopa grave na UCI. 

A maiores, A Coruña rexistra un novo caso non relacionado con este foco, pero que é "importado", confirmou Sanidade, do mesmo xeito que o primeiro do que se tivo noticia en Galicia, un home de 49 anos que se desprazou desde Madrid á Coruña a unha entrevista de traballo. 

OUTROS CASOS. Pola súa banda, o caso confirmado en Ourense é o dunha profesora do centro dos Salesianos Colexio María Auxiliadora de Ourense, que viaxou recentemente a Venecia. 

A muller, que se atopa con síntomas leves, estivo en "certo illamento social" nos días previos, consciente de que podería contraer o virus, e non presentou síntomas mentres estaba no centro escolar, polo que consideran que o seu risco de contaxio é baixo. 

Os outros catro casos, todos da área de Vigo, están relacionados cunha parella de 43 e 47 anos, residente en Moaña, que viaxara recentemente a Madrid, o fillo dela, de 15 anos, e outro familiar. Só o home permanece ingresado na UCI do Álvaro Cunqueiro por pneumonía. 

A maior parte destes confirmados, explicou Sanidade, presenta síntomas leves e están illados nos seus domicilios. Activouse un protocolo de seguimento para os seus contactos, a fin de determinar se desenvolven síntomas da enfermidade. 

Comentarios