jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Galicia conta con preto de 30 concellos en alerta vermella polo coronavirus

Varias persoas con máscara nun banco. EFE
Varias persoas con máscara nun banco. EFE
Entran nesta situación Fene, Marín, Redondela, Vigo, Barbadás e Xinzo e saen O Barco e Nigrán

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse este sábado ata os 29, catro máis que a xornada anterior, ao entrar nesta situación Fene, Marín, Redondela, Vigo, Barbadás e Xinzo e rebaixar a súa alerta O Barco e Nigrán.Niveis de alerta por concellos (24.10.20)

Ademais, segundo consta no mapa semáforo actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, repiten en nivel 3 pola pandemia os concellos de Ferrol, Lalín, Ourense, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Ordes, Mesía, Santiago, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Tui, Salvaterra, Monforte e Lugo.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol –máis de 76 casos nunha semana–, Pontevedra –máis de 96–, Santiago –máis de 112–, Lugo –máis de 112– e Ourense –máis de 120–.

Mentres, en situación dúas –na cor laranxa do mapa– sitúanse 22, tres máis que este venres. Do total, 11 repiten nesta lista: O Porriño, Neda, A Coruña, Culleredo, Mos, Gondomar, Boborás, Malpica, Muros, Oroso e Vilaboa.

Na alerta laranxa entraron este sábado Carballo, Cambre, Carral, Brión, Boiro, Cuntis, Soutomaior, O Barco, Bóveda, Nigrán e Ponteareas. Fene, Marín, Vigo, Barbadás, Xinzo e Redondela, que estaban este venres en nivel 2 empeoraron a súa situación e entraron en nivel vermello, mentres que Noia e Monterrei pasan a nivel amarelo.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de covid-19 á semana por 100.000 habitantes –só Vigo e A Coruña, neste caso– e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.

Galicia conta con preto de 30 concellos en alerta vermella polo...
Comentarios