viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Galicia comeza xuño con sol e altas temperaturas

Personas tomando el sol en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ
Varias persoas gozan do sol en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ

Manterase activado este sábado o aviso amarelo en zonas do Miño no sur da comunidade

As altas temperaturas de máis de 34 e 36 graos centígrados manterán activado este sábado, 1 de xuño, o aviso amarelo en zonas do Miño no sur de Galicia. Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, as altas presións localizadas ao norte da península Ibérica e a presenza de aire cálido farán que as temperaturas máximas superen os 34º e 36º C en puntos do sur da comunidade galega. En concreto, o aviso amarelo estará activado entre as 15.00 e as 21.00 horas deste sábado na zona do Miño na provincia de Pontevedra por temperaturas máximas superiores aos 34 graos. Tamén estará activado o aviso amarelo entre as 15.00 e as 21.00 horas na zona do Miño na provincia de Ourense por máximas superiores aos 36 graos.

Os valores rexistrados este venres en Galicia atópanse entre 10 e 15 graos por encima do normal. En Ourense alcanzáronse 38 graos; en Arnoia 37,5º; en Leiro 37,3; en Pontevedra 35,9; e en Monforte 34,7º.

"O ceo despexado, a estabilidade atmosférica e a ausencia de movementos verticais de aire, que deixa á calor confinada nas capas baixas, propician unha situación de ambiente estival, máis propia do mes de xullo", explica Rubén del Campo, portavoz da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que indica que "o pouco de vento do leste que atravesa a península chega moi recalentado" e propicia valores como o rexistrado no val do Miño, que, con 36 graos, marcou a segunda máxima de España.

A estampa máis común é a de terrazas e praias abarrotadas, do mesmo xeito que os parques que, ao acubillo das árbores, ofrecen sombra.

PREDICIÓNS. Para este sábado, a calor manterase en toda Galicia, con máximas que superarán os 30 graos en varias localidades e rozarán os 35 graos en Ourense, aínda que haberá un lixeiro descenso xeneralizado das temperaturas e comezarán a aparecer nubes de tipo alto. Os cambios chegarán o domingo, cando o anticiclón se situará "moi ao leste", polo que permitirá a entrada de aire do mar cheo de humidade. Isto xerará un descenso das temperaturas. 

Galicia comeza xuño con sol e altas temperaturas
Comentarios