jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Galicia mantén o horario do toque de queda de 23.00 a 6.00 horas

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. EFE
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. EFE

A Xunta de Galicia mantén o horario do toque de queda de 23.00 a 6.00 horas decretado polo Goberno central o pasado domingo para toda España con carácter xeral e que cada comunidade pode adaptar.

Así o anunciou este martes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha rolda de prensa acompañado do xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Flores, e da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, para informar os asuntos tratados na reunión comité clínico desta semana.

Comesaña subliñou que en Galicia "haberá restricións de mobilidade nocturna" e apelou aos cidadáns a cumprilas. Ademais, lembrou que nesta pandemia está a morrer xente. "É hora de tomar en serio as restriccione", sentenciou.

Galicia mantén o horario do toque de queda de 23.00 a 6.00 horas
Comentarios