Galicia pasa do medio milleiro de vítimas mortais por coronavirus

Una mujer con mascarilla en el interior de un autobús. BRAIS LORENZO
photo_camera Unha muller no interior dun autobús. BRAIS LORENZO

Galicia superou este venres o medio milleiro de vítimas mortais por coronavirus e suma xa 504 falecidos a consecuencia desta enfermidade, informan fontes da Consellería de Sanidade.

Seis persoas máis diagnosticadas de coronavirus morreron na comunidade desde o xoves, cando se rexistraban 498 falecidos. Trátase dun home de 91 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, un home de 71 anos en Povisa, unha muller de 97 anos ingresada no Complexo ourensán e dúas persoas --unha muller de 68 anos e un home de 70-- hospitalizadas no Chus, todos con patoloxías previas.

Ademais, faleceu unha muller de 87 anos que estaba ingresada non Hospital Público de Verín sen patoloxías anteriores.

Comentarios