jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Galicia pechou 2018 con 144 falecidos en accidentes de tráfico, 33 menos que o ano anterior

Estado no que quedou o coche sinistrado en Tui. SXENIK, EFE
Estado no que quedou o coche sinistrado en Tui. SXENIK, EFE

Con 994 mortes as vías secundarias españolas seguen sendo nas que máis accidentes se producen, a pesar de haber reducido lixeiramente a cifra do ano anterior

No conxunto do Estado, un total de 1.806 persoas faleceron nas estradas españolas durante o ano pasado, segundo os datos que presentou este luns a Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Esta cifra supón 24 falecidos menos que en 2017.

Ademais dos falecidos, en 2018 en España producíronse 102.299 accidentes de tráfico con vítimas, nos que 138.609 resultaron feridas e 8.935 requiriron ingreso hospitalario. Por outra banda, en autoestradas e autovías, a sinistralidade aumentou un 5%, cun total de 323 falecidos en 2018, 15 máis que en 2017. Pola contra, as vías secundarias, reduciron o número de vítimas nun 2%, aínda que seguen sendo as máis sinistras, con 994 mortes o ano pasado.

DISTRACCIÓNS AO VOLANTE. As distraccións seguen sendo desde 2016 a primeira causa dos accidentes mortais co 32%, a velocidade o 22% e o alcol/drogas co 21%.

A DXT destacou que o 63% dos accidentes con vítimas se rexistraron en cidade, un total de 489 

COLECTIVOS VULNERABLES. Por outra banda, os colectivos vulnerables representan un 48% de todos os falecidos, un 2% máis que o ano anterior. Do total de 865 usuarios vulnerables, 58 eran ciclistas, 421 motoristas e 386 peóns.

Os falecidos de 65 anos ou máis aumentaron de forma significativa segundo as cifras da DXT con respecto ao ano pasado, que se rexistraron 496 falecidos. Así, segundo os datos, máis da metade dos maiores de 65 falecidos na estrada eran condutores e o 82% que morreron en cidade, eran peóns.

Galicia pechou 2018 con 144 falecidos en accidentes de tráfico, 33...
Comentarios