O Ministerio de Sanidade incluíu a caza e a pesca como actividades que se poden realizar nas comunidades ou áreas sanitarias que están ou pasan á fase 1 —na que se atopa Galicia—, así como a apertura dos locais de máis de 400 metros pero con espazo acoutado.
Explicouno este venres nunha rolda de prensa en Moncloa o ministro de Sanidade, Salvador Illa, quen precisou que eses establecementos poderán abrir delimitando o espazo de atención ao público a 400 metros e cumprindo cunha serie de requisitos que se especificarán.
A posibilidade de practicar a caza e a pesca así como a apertura dos locais de máis de 400 metros eran dúas das medidas que pedía en Galicia a Xunta.
En fase 1, atendendo ao avanzado por Illa, tamén se permitirá que as comunidades autónomas determinen a apertura dos centros de día para garantir a prestación do catálogo de servizos ou que valoren se é mellor ofrecelo doutra forma. Todo iso en función da situación sanitaria.