Feijóo declara controlado o brote da Mariña e non imporá, polo momento, máis restricións na Coruña

Galicia propón máscara obrigatoria nas aulas a partir dos seis anos de idade
Núñez Feijóo, durante la rueda de prensa que ofreció tras la reunión del Consello este jueves
photo_camera Núñez Feijóo

Tras a reunión celebrada este mércores do comité de expertos sanitarios da Xunta, o presidente Feijóo anunciou que sedá por controlado o brote da Mariña e que, polo momento, non se aplicarán novas medidas reestrictivas sobre a área de A Coruña, dado que a incidencia acumulada está a reducirse desde hai tres días e todo parece indicar que "non hai transmisión a outras zonas".

De todos os xeitos, o presidente sinalou que o vindeiro venres o comité volverá "a valorar a situación e se é necesario restrinxir aforamentos ou outras actividades" en base á evolución que mostren os datos. Ademais, a Xunta porá en marcha un cribado masivo entre a poboación de entre 18 e 40 anos da área coruñesa.

Regresando á Mariña, Feijóo destacou que a situación epidemiolóxica na zona "é normal", polo que se dá por controlado o brote.

MÁSCARAS. Alberto Núñez Feijóo tamén propuxo este mércores que o uso da máscara sexa obrigatorio nas clases por parte dos profesores e os alumnos a partir dos seis anos. 

Na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico, Feijóo avanzou que levará esta proposta á Conferencia de Presidentes sobre o inicio da actividade escolar. 

O máximo mandatario autonómico asegurou que hai datos que "avalan" que se debe estender o uso das máscaras nas aulas a todo o territorio español. "No que se refire a Galicia, parécenos que, salvo que haxa algún documento ou estudo de investigación que acredite o contrario, esa medida debe implantarse no próximo curso", indicou. 

Comentarios