Galicia rexistra 30 mortes máis pola gripe na última semana

Os falecidos sitúanse en 160 na temporada actual na comunidade ►O Sergas apunta "unha lixeira tendencia decreciente" e un nivel de intensidade "baixo" 

Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe
photo_camera Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe

As persoas falecidas con gripe na Comunidade galega sitúanse en 160 desde o inicio da temporada actual, o que supón un incremento de 30 casos na última semana, na que había 130 rexistradas. 

Así se rexistra no décimo quinto informe de Vixilancia da gripe en Galicia do Servizo Galego de Saúde (Sergas), recollido por Europa Press, correspondente á semana que terminou o 18 de febreiro. 

Das 160 persoas falecidas todas tiñan indicada a vacina antigripal, ben por idade ou ben por ter factores de risco para padecer unha gripe complicada, e 70 delas non estaban vacinadas, concreta o Sergas no seu informe. 

Desde o inicio da temporada declaráronse 2.800 casos con gripe confirmada en Galicia, 292 máis que hai unha semana, dos cales o 64 por cento tiña o virus da gripe B; o 2%, gripe A e B; e o resto virus da gripe A. 

O Sergas sinala no documento tamén que o 90 por cento do total dos pacientes ingresados durante esta temporada tiñan indicada a vacina antigripal e, deles, o 49,5 por cento non a puxo. 

TENDENCIA DECRECIENTE. O número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias agudas (IRA) mostra "unha lixeira tendencia decreciente" respecto da semana anterior e o nivel de intensidade "continúa baixo", concreta o Sergas. 

Mentres, en Atención Primaria nesta semana a vixilancia baseada nos rexistros informatizados de gripe do Sergas reflicte "unha tendencia estable" respecto da anterior, xa que "a ratio entre o número de gripes declaradas e o de médicos declarantes é a mesma".

Comentarios