Galicia rexistra cinco casos activos menos de coronavirus que na xornada previa

Os contaxiados sitúanse en 207, dos cales sete –un menos que o domingo– permanecen hospitalizados

Hospital da Mariña, en Burela.JMª ÁLVEZ
photo_camera Catro dos sete hospitalizados están ingresados no Hospital da Mariña, en Burela. J. Mª ÁLVEZ

Os casos activos por coronavirus en Galicia descenderon este luns en cinco, ao pasar dos 207 do domingo a 202. Así, baixaron en tres os positivos da área sanitaria da Coruña e noutro tres os de Lugo, que conta cun significativo brote na comarca da Mariña. 

En concreto, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, 139 dos 202 casos activos correspóndense coa área de Lugo, que baixou en tres igual que a área da Coruña e Cee, que aínda contabiliza 27 pacientes con coronavirus. 

No resto de Galicia, hai oito casos activos na de Santiago e Barbanza –uno máis que o domingo–, cinco na de Ourense –os mesmos–; 17 na de Vigo –tamén sen cambios–; e nove na de Pontevedra –igual–. A área sanitaria de Ferrol continúa, desde o domingo, como a única libre de Covid-19. 

As Uci galegas continúan sen pacientes de coronavirus unha xornada máis

Do total de pacientes positivos, baixan nun os que se atopan en unidades de hospitalización, até sete –catro deles no Hospital da Mariña, en Burela–. Ademais, hai 195 persoas en seguimento domiciliario en toda a Comunidade e as Uci galegas continúan sen pacientes de coronavirus.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia hai un vinculado con residencias de maiores, segundo concreta Sanidade, que corresponde a unha traballadora dun centro de Burela, mentres os xeriátricos seguen sen usuarios infectados. 

Sanidade apunta que, até a data, curáronse en Galicia 11.082 persoas, 12 máis que a xornada do sábado, e que até o momento faleceron 619 pacientes con Covid. A última vítima foi notificada o 10 de xuño e correspóndese cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias. 

O número de PCR realizadas até este luns na Comunidade galega ascende a 234.266, que son 1.251 máis que as que figuraban nos datos do domingo.

BROTE DE BETANZOS. O brote de coronavirus rexistrado en Betanzos desde o pasado mércores mantense con dez casos positivos e un total de 59 persoas que seguirán en illamento ata este martes, segundo informaron a Europa  Press fontes municipais. 

De acordo con estas mesmas fontes, a Consellería de  Sanidade trasladoulles que o foco, que en realidade son dous círculos de persoas diferentes, continúa "controlado" e "estabilizado", debido a que desde o pasado venres todas as  PCR realizadas deron negativo. 

Primeiramente, o brote de coronavirus foi detectado nunha familia de catro membros que viven no mesmo domicilio e que se descoñece onde se contaxiaron. 

Ademais destes, hai outros seis casos nun grupo de amigos e dos cales un estivo a traballar en Lleida, posible orixe dos  contagios, segundo sospeitan fontes municipais. 

Comentarios