Galicia suma 105 casos máis e chega aos 1.505 positivos en Covid-19

As autoridades sanitarias informan tamén de que xa se curaron 11.625 persoas

Galicia rexistra este martes 1.505 casos activos de Covid-19, 105 máis que o luns, informou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Por segunda xornada consecutiva aumentan o número de usuarios contaxiados en residencias de maiores, con tres máis que o luns, ata os once infectados; mentres que tamén aumenta o número de profesionais contaxiados, ata cinco, un máis.

Do total de infectados, seis persoas están nas Uci (1 máis) e outras 55 en unidades convencionais de hospitalización (2 menos); mentres que o resto están nos seus domicilios.

O número de falecidos por Covid-19 mantense en 625. Por áreas sanitarias, a máis afectada é de novo A Coruña, onde se rexistraron 70 casos activos máis, ata os 921, case dous terzos do total da comunidade.

Tras A Coruña, a área máis afectada é a de Vigo, con 139 casos (sen variación); á que seguen Ourense, con 131 casos activos (17 máis); Lugo, con 113 casos (3 máis); Pontevedra con 75 casos (5 máis); Santiago, 67 (4 máis) e Ferrol, 59 (6 máis).

As autoridades sanitarias informan tamén de que xa se curaron 11.625 persoas, o que supón 17 máis que onte luns.

Deste dato e do de casos activos con respecto ao día anterior despréndese que o número de positivos na última xornada -dato que non ofrecen desagregado as autoridades sanitarias- é de 122 novos contagios.

O número probas PCR acumulado elévase a 283.781, algo máis de 1.600 máis que o día anterior.